Política de privacidade
1.- Información corporativa
1.1 Este sitio web pertence e é xestionado por Casa Grande de Xanceda S.L (en diante, Casa Grande de Xanceda), empresa de nacionalidade española, con C.I.F. núm. B15934912, domicilio en Mesía (A Coruña, España), rúa Casa Grande de Xanceda, s/n.
1.2 Para os efectos do establecido na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, indícase que as persoas usuarias poden dirixir as súas peticións, solicitudes e queixas ao enderezo postal anterior, así como a través do noso formulario de contacto ou ao enderezo info@casagrandexanceda.com
2.- Propiedade intelectual
2.1 Os contidos deste sitio web, tanto a súa programación, estrutura, organización, presentación e deseño, como os textos, imaxes, sons e arquivos audiovisuais, están protexidos polas leis e tratados internacionais sobre propiedade intelectual e corresponden exclusivamente a Casa Grande de Xanceda. Quedan reservados todos os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación, agás que se realice un uso privado e non lucrativo dos mesmos.
2.2 “Casa Grande de Xanceda”, “Ecolóxico Xanceda”, “Xanceda”, “Smoothyby Xanceda” ou “Casa Grande de Xanceda Ecolóxico Queixo O Peregrino”, así como os correspondentes logotipos e formas, son algunhas das marcas rexistradas por Casa Grande de Xanceda. Autorízase o seu uso sempre en relación cos produtos e actividades de Casa Grande de Xanceda e nos termos establecidos na lexislación española, sen que iso implique a concesión de ningunha licenza a favor da persoa usuaria.
2.3 No caso de que a persoa usuaria considere que o uso dos contidos anteriores lesiona os seus dereitos ou supón un acto ilícito, pregámoslle que se poña en contacto connosco a través dos enderezos indicados.
3.- Política de privacidade
En cumprimento do disposto no Regulamento UE 2016/679, do 27 de abril, Xeral de Protección de Datos, na Lei Orgánica de Protección de Datos e demais normativa aplicable, CASA GRANDE DE XANCEDA informa do seguinte:
Responsable do tratamento
Os datos persoais que nos facilite, ben a través desta páxina web ou por outros medios, serán tratados por CASA GRANDE DE XANCEDA, con domicilio en Mesía (A Coruña, España), rúa Casa Grande de Xanceda, s/n
info@casagrandexanceda.com
Finalidade
Os datos persoais facilitados só serán tratados coa finalidade de xestionar a súa relación connosco.
- Contacto: utilizaremos os datos para atender a súa solicitude, responder á súa pregunta ou reclamación ou facilitarlle a información solicitada. Destruirémolos transcorrido un ano desde a súa petición, salvo que vostede nos autorice a seguir mantendo o contacto.
- Se vostede nos envía un CV, gardarémolo durante un máximo dun ano coa finalidade de telo en conta nos nosos procesos de selección.
- Se vostede desexa visitar a nosa granxa, só utilizaremos os datos para xestionar dita visita. Se durante a visita se toman fotografías, estas só serán utilizadas co seu consentimento expreso.
- Se vostede é cliente ou provedor, só utilizaremos os seus datos para xestionar a relación comercial e para enviarlle información dos nosos produtos.
- Se vostede contactou connosco interesado nos nosos produtos, utilizaremos os seus datos dentro da relación precontractual e comercial e unicamente para tales efectos.
- Se participa nunha das nosas promocións en Facebook, utilizaremos os datos só coa finalidade de xestionar dita promoción.
- Cámaras de videovixilancia: nas nosas instalacións existen cámaras para garantir a seguridade de persoas, animais e bens.
En cada caso conservaremos os datos o tempo imprescindible para cumprir coas nosas finalidades e servir aos intereses de persoas usuarias, clientes e provedores, cumprindo a normativa e co máximo respecto á privacidade.
Lexitimación
No caso de clientes e provedores, o tratamento baséase na execución da relación e/ou do contrato.
Para contactos, visitas, envío de CV, promocións en Facebook e outras peticións de información, o tratamento baséase no seu consentimento.
No caso das cámaras, o tratamento baséase no interese público.
Destinatarios
Os datos persoais só serán utilizados pola nosa compañía. Traballamos con provedores que poden ter acceso a datos; dito acceso non se considera comunicación e está regulado conforme á lexislación vixente.
Non cederemos nin comunicaremos os seus datos a terceiros, agás para a execución do contrato cos nosos clientes e o cumprimento das obrigas legais ás que esteamos suxeitos (Administracións Públicas, entidades financeiras, aseguradoras) ou, no caso das cámaras, se somos requiridos polas forzas e corpos de seguridade por motivos de seguridade.
Seguridade
CASA GRANDE DE XANCEDA adoptou as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade dos datos persoais, tendo en conta o estado da técnica, os custos de aplicación e a natureza, alcance, contexto e fins dos tratamentos, así como os riscos para os dereitos e liberdades das persoas físicas.
Dereitos
Infórmase de que poderá revogar o seu consentimento cando o tratamento se basee neste, así como exercer en calquera momento os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos, e os de limitación e oposición ao seu tratamento. Para iso pode dirixirse a info@casagrandexanceda.com
Se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente de protección de datos, ten dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control (Axencia Española de Protección de Datos) en www.aepd.es. Non obstante, é compromiso de CASA GRANDE DE XANCEDA garantir a privacidade e seguridade dos datos e resolver internamente calquera cuestión relacionada con eles.
Comunicacións comerciais
En virtude do artigo 21 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, solicitaremos o seu consentimento para o envío de comunicacións por medios electrónicos. Se xa mantén relación connosco, estaremos lexitimados para enviarlle dita información, ofrecéndolle sempre un medio para opoñerse á súa recepción.
4.- Exclusión de responsabilidade
Casa Grande de Xanceda non garante a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso á web ou ao seu contido, nin que este se atope permanentemente actualizado, sen imprecisións ou inexactitudes. En calquera caso, comprometémonos a emendar, tan pronto como sexa posible, os posibles defectos anteriores.
(c) Casa Grande de Xanceda, S.L. Todos os dereitos reservados.
